Orangotango

A de Fandinho, queixa-se de que os bezerros estám moi fracos, espeluxados, de mal pelo.

"Aih Ghesús, e parecem oranghotanghos".

Quedo pensando.
E dá que pensar.
Como pode existir a palavra orangotango na fala galega?
O velho do bosque, em língua malaia: orangotango.
A maior parte conhecemos o primata pola tele, e nos documentários falam-nos em espanhol do "orangután", e no inglês tamém "orangutan".
Entom?
Mas a de Fandinho, repete:

"Parecem oranghotanghos".

Pongo pygmaeus.
http://br.youtube.com/watch?v=is1Qmklv6Wo

5 comentários:

Anônimo disse...

Existe a palabra orangotango no galego desde hai moito tempo, mesmo na literatura de tradición oral:

Unha nai tiña dez fillas,
todas domesmo nome,
e vén o orangotango
non quédano máis ca nove.

E das nove que quedano
deno en comer biscoito,
e vén o orangotango
non quédano máis ca oito.

E das oito que quedano
deno en tomar campeche,
e vén o orangotango,
non quédano máis ca sete.

E das sete que quedano
deno n'ir cantar os reis
e vén o orangotango,
non quédano máis ca seis.

E das seis que quedano
deno nír tomar viño tinto,
e vén o orangotango,
non quédano máis ca cinco.

E das cinco que quedano
fono dar tombos de gato,
e vén o orangotango,
non quédano máis ca catro.

E das catro que quedano
deno n'ir a Santo André,
e vén o orangotango,
non quedano máis ca tres.

etc.

Anônimo disse...

Desculpe: non é quédano, é quedano.

O disse...

Agradecido.
Que bonita cantarela!

Anônimo disse...

A cantarela completa está recollida e publicada nun libro que non hai moito (2010?) tirou do prelo Xerais, sobre a literatura de tradición oral de Carnota, recompilada por Antón Cortizas. Efectivamente, sorprendentemente, a palabra orangotango pertence ao acervo lingüístico popular galego desde hai moito tempo(sen ser un empréstito).

de Bueu disse...

http://www.estraviz.org/orangotango

http://www.priberam.pt/DLPO/orangotango